Saltar ao contido

Martin Scorsese

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMartin Scorsese
Biografía
Nacemento(en) Martin Charles Scorsese Editar o valor en Wikidata
17 de novembro de 1942 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Queens (Estados Unidos de América) Editar o valor en Wikidata
Presidente do xurado do Festival de Cannes

← Isabelle AdjaniDavid Cronenberg → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Grupo étnicoÍtalo-americanos (pt) Traducir e Sicilian Americans (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónCristianismo
EducaciónEscola de Artes Tisch da Universidade de Nova York
Cardinal Hayes High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura160 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema, actor, realizador, escritor, historiador do cinema, produtor de televisión, director de televisión, montador, actor de cinema, actor de dobraxe, produtor de cinema, guionista, produtor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1962 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorUniversidade de Nova York Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoCinema dramático, filme sobre crime, filme de suspense, filme de acción, gangster film (en) Traducir, cinema de suspense psicolóxico, Neo-noir, filme de fantasía, filme épico (pt) Traducir, filme biográfico, Western, filme de misterio, documental, filme de deportes, cinema de aventuras, cinema de comedia, filme histórico, historical drama film (en) Traducir, cinema bélico, Cinema negro, comedy horror film (en) Traducir, cinema de terror psicolóxico, Cinema de terror, crime drama film (en) Traducir, crime thriller film (en) Traducir, cinema de asaltos e comedia dramática Editar o valor en Wikidata
MovementoNovo Hollywood Editar o valor en Wikidata
ProfesoresHaig P. Manoogian (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Compañeiro profesionalRobert De Niro: Martin Scorsese and Robert De Niro (en) Traducir
Leonardo DiCaprio: Martin Scorsese and Leonardo DiCaprio (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeHelen Schermerhorn Morris (1999–)
Barbara De Fina (1985–1991)
Isabella Rossellini (1979–1982)
Julia Cameron (1976–1977)
Laraine Marie Brennan (1965–1971) Editar o valor en Wikidata
FillosCathy Scorsese
 () Laraine Marie Brennan
Domenica Cameron-Scorsese
 () Julia Cameron
Francesca Scorsese
 () Helen Schermerhorn Morris Editar o valor en Wikidata
PaisCharles Scorsese Editar o valor en Wikidata  e Catherine Scorsese Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
NFF Archief Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000217 Allocine: 852 Rottentomatoes: celebrity/martin_scorsese Allmovie: p110533 108079 TV.com: people/martin-scorsese IBDB: 16103
Facebook: scorsese Instagram: martinscorsese_ BNE: XX965910 Musicbrainz: 7962d3cd-83e7-46ea-8352-531a65cf2d29 Discogs: 429640 Allmusic: mn0000337680 WikiTree: Scorsese-1 Find a Grave: 8013 Editar o valor en Wikidata


Martin Marcantonio Luciano Scorsese, nado en Nova York o 17 de novembro de 1942, é un director, guionista e produtor de cine estadounidense, gañador dun Premio da Academia, tres Globos de Ouro, dous BAFTA, e do Directors Guild of America, ademais de ser un dos fundadores de World Cinema Foundation.

As obras de Scorsese abordan principalmente os temas da vida ítalo-estadounidense, e os conceptos de culpa e redención católicos romanos,[1] o machismo, e a violencia da sociedade estadounidense. Scorsese é amplamente considerado como un dos directores máis influentes da súa xeración.[2] Gañou un MFA pola súa obra como director de cine outorgado pola prestixiosa Escola de Cine de NYU, así coma o Premio da Academia como mellor director pola súa película Infiltrados, a cal tamén gañou o de mellor película na edición 79ª edición dos Premios da Academia celebrados en 2007.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Orixinalmente, Scorsese planeaba ordenarse como sacerdote, o que se nota en moitas das súas películas que reflicten unha crianza católica. Foi atraído cara ó cine a idade temperá, e admite estar "obsesionado" coas películas; obsesión que se aprecia no documental de 1995 A Personal Journey with Martin Scorsese Through American Movies (Unha viaxe persoal con Martin Scorsese a través das películas de Estados Unidos). Sendo un neno enfermizo, pasaba moito tempo en recuperación na casa, observando o que ocorría na rúa, desde a súa fiestra. Gran parte da súa infancia pasouna nos cines, o cal contribuíu á súa determinación en ser cineasta.

Décadas de 1960 e 1970

[editar | editar a fonte]

Martin Scorsese pertencía a unha familia da clase traballadora; o seu pai era pasador de pantalóns. Os seus pais foron o tema do seu documental Italianamerican, e tiveron numerosas aparicións nas películas do seu fillo como actores secundarios.

Durante varios anos, a súa nai traballou como a provedora oficial de comida en todas as producións de Scorsese, mentres o seu pai traballaba no departamento de vestiario. Na película Un dos nosos (Goodfellas), Scorsese dixo que ninguén pasaba o ferro como o seu pai.

Scorsese asistiu á Universidade de Nova York, obtendo unha licenciatura na escola de cine en 1964, e unha mestría na mesma disciplina en 1966. Realizou a súa primeira longametraxe (Who´s knocking at my door?, 1969) co seu compañeiro de estudos Harvey Keitel, e a partir de entón formou parte da "banda" de cineastas da década de 1970: Francis Ford Coppola, Brian De Palma, George Lucas e Steven Spielberg. De Palma foi quen lle presentou a Robert De Niro, o cal resultou nunha próxima amizade que os levou a compartir moitos proxectos. Neste período Scorsese tamén traballou como editor da película Woodstock.

En 1972, Scorsese dirixiu Boxcar Bertha por encargo do produtor de películas de serie B Roger Corman, quen axudara a moitos directores a comezar as súas carreiras, entre outros Francis Ford Coppola, James Cameron e John Sayles. Con Bertha, Scorsese aprendeu a facer filmes rapidamente e de forma económica, o cal o preparou para a súa primeira película con De Niro, Quérote, Nova Iorque. A película resultou un éxito que lanzou a Scorsese e De Niro á fama. Entón, a actriz Ellen Burstyn escolleu a Scorsese para dirixila na película Alicia xa non vive aquí, de 1974. Burstyn gañou o Óscar á mellor actriz por esta película. A continuación, Scorsese exploraría as súas raíces étnicas no documental Italianamerican, sobre os seus pais Charles e Catherine Scorsese.

Dous anos despois, Scorsese asombrou o mundo con Taxi Driver. A película tiña interpretacións brillantes de De Niro e Jodie Foster, nun dos máis violentos e sombríos retratos da vida neoiorquina plasmado en cine. Taxi Driver gañou a Palma de Ouro no Festival de Cannes, e recibiu catro candidaturas ó Óscar, incluíndo a correspondente a mellor película. Algo que facía única á película, era o uso de tomas "punto de vista", que se converteron nunha constante nas películas de Scorsese.

O éxito de Taxi Driver, animou a Scorsese a proseguir coa súa primeira película de alto orzamento: Nova York, Nova York. Este tributo musical á cidade natal de Scorsese, foi un rotundo fracaso de público. Para entón, Scorsese xa desenvolvera unha grave adicción á cocaína. Entre a súa adicción e a depresión provocada polo último filme, Scorsese aínda atopou a creatividade suficiente para facer The Last Waltz (1978), un documental belamente fotografado sobre un concerto de The Band. Ese mesmo ano, apareceu outro documental dirixido por Scorsese, titulado American Boy.

Década de 1980

[editar | editar a fonte]

Convencido de que estaba facendo a súa última película, Scorsese investiu todas as súas enerxías en Touro salvaxe. A película estreouse en 1980 e é considerada como unha obra mestra, ademais de ser votada a mellor película da década de 1980, pola revista británica Sight and Sound. Como era de esperar, a película recibiu varias candidaturas ó premio Óscar, incluíndo a de mellor actor (Robert de Niro), e a primeira candidatura para Scorsese como mellor director. De Niro gañou a súa figura, pero Robert Redford levou ese ano o Óscar ó mellor director.

The Last Temptation of Christ (1988) está baseada no libro de Nikos Kazantzakis "O Teleftéos Pirasmós" (1951). Orixinalmente, a película ía ser producida baixo o selo Paramount Studios en 1983 con Aidan Quinn no papel de Xesús e Sting no de Poncio Pilatos. Con todo, Paramount retirouse días antes de comezar a filmación, argumentando presións de grupos relixiosos, polo que o proxecto tivo que esperar case cinco anos.

Unha vez pasado o colapso do proxecto, Scorsese notou que o mundo do Hollywood da década de 1980 estaba sendo cada vez máis comercial, e os filmes persoais e altamente estilizados que el e os seus colegas produciron unha década antes, non gozarían do mesmo recibimento. Así, Scorsese decidiu emprender un novo camiño coa súa carreira. Con After Hours (1985) Scorsese efectuou un cambio estético encamiñándose cara a un estilo practicamente "underground". A película foi feita cun orzamento extremadamente austero, de noite e en localizacións do barrio do SoHo en Manhattan.

Despois, Scorsese dirixiu o vídeoclip "Bad" (1987) para Michael Jackson. En 1986, dirixiu The Color of Money, protagonizada por Paul Newman, Tom Cruise e Mary Elizabeth Mastrantonio. O filme é unha secuela de O buscavidas, de Robert Rossen, tamén protagonizado por Newman. Este último gañou o Óscar ó mellor actor de 1986.

Co diñeiro obtido por The Color of Money, Scorsese puido filmar The Last Temptation of Christ en 1987, cun orzamento modesto, pois Scorsese sabía que o filme non ía arrasar comercialmente. Con todo, Scorsese non anticipou o furor e a controversia que ían desatarse cando o filme foi estreado ó ano seguinte. As protestas en todo o mundo chegaron á queima de varias salas e á súa prohibición durante máis de quince anos nalgúns países. Por este filme, Scorsese recibiu a súa seguinte candidatura ó Óscar ó mellor director; candidatura que tampouco gañou. Con todo, o apoio que varias figuras do mundo político lle brindaron a esta película deulle a Scorsese o ímpeto para o seu seguinte traballo: Un dos nosos (1990).

1990 á data

[editar | editar a fonte]

Con Un dos nosos Scorsese volveu á súa nativa Nova York e reencontrouse con Robert De Niro e Joe Pesci. Esta película sobre a vida dun gángster foi chamada a mellor película de mafiosos desde O Padriño, e deulle a Scorsese a terceira candidatura ó Óscar como mellor director, galardón que non conseguiu, esta vez fronte ó daquela novato Kevin Costner por Dances with Wolves.

Scorsese proseguiu facendo un remake da película de 1962 Cape Fear, o cal probou que Scorsese podía ser un éxito comercial en Hollywood. Os seguintes anos pasounos facendo películas de baixo éxito pero aclamadas pola crítica (A idade da inocencia, Kundun), e involucrándose en apoiar os proxectos doutros cineastas, como Quiz Show, Search and Destroy, Mad Dog and Glory e Clockers. Scorsese dirixiu nese período a película Casino, e volveu ó mundo de Taxi Driver en 1999, dirixindo Bringing Out The Dead.

En 1990, Martin Scorsese actuou no papel de Vincent van Gogh no filme Yume (Dreams) de Akira Kurosawa. En 1999, traballou nun documental chamado Il Mio Viaggio in Italia.

Scorsese xunto a Leonardo DiCaprio e Cameron Diaz.

En 2002, Scorsese dirixiu Gangs of New York, a que ata ese momento fora a súa empresa máis arriscada, con orzamento superior ós cen millóns de dólares, o máis alto na carreira de Scorsese. A reacción da crítica cara á película foi moderadamente positiva e, aínda que non foi un grande éxito de recadación, tampouco supuxo un fracaso. Ademais, recibiu dez candidaturas ó Óscar, incluíndo Mellor Película, Mellor Director, e Mellor Actor (para Daniel Day-Lewis). Scorsese perdeu novamente, esta vez fronte a Roman Polanski.

O seguinte filme de Scorsese foi The Aviator, película biográfica sobre o excéntrico multimillonario e pioneiro da aviación Howard Hughes. O filme foi lanzado a finais de 2004, con aclamación da crítica. Gañou tres Globos de Ouro, incluíndo Mellor Película Dramática. Na entrega dos premios Óscar, The Aviator foi a película con máis candidaturas (once, incluíndo Mellor Película, Mellor Director e Mellor Actor para Leonardo DiCaprio). Esta vez, Scorsese tamén saíu coas mans baleiras ó ver a Clint Eastwood levar o Óscar ó Mellor Director e á Mellor Película.

Scorsese é Presidente de Filme Foundation, unha fundación sen fins de lucro dedicada á preservación do material fílmico en deterioración.

O 5 de xaneiro de 2005, Scorsese recibiu o recoñecemento Légion d'honneur de parte do goberno de Francia, polas súas contribucións ó cine.

Logo de presentar o seu documental sobre Bob Dylan en 2005, sorprendeu a todos en 2006 coa súa galardoada película Infiltrados, coa cal cultivou numerosos eloxios. Nesta cinta policial reuniuse novamente con Leonardo DiCaprio e, por primeira vez, con Jack Nicholson. O 25 de febreiro de 2007, a Academia das Artes de Hollywood entregoulle o Óscar ó mellor director (e outros tres Óscars para esta película) co que se facía xustiza cun dos máis grandes directores dos Estados Unidos, que fora proposto oito veces e nunca gañara, nin como director nin como guionista.

En 2007 estreou un documental acerca dos Rolling Stones.

Vida privada

[editar | editar a fonte]

Scorsese está casado con Helen Morris desde 1999; ela é a súa quinta esposa. Teñen unha filla, Francesca, quen aparece en Infiltrados e en The Aviator.

Ten unha filla, Catherine, do seu primeiro matrimonio con Laraine Brennan, outra filla, Domenica Cameron-Scorsese, que é actriz, do seu segundo matrimonio, con Julia Cameron. Scorsese tamén estivo casado con Isabella Rossellini desde 1979 ata 1982. Tamén contraeu matrimonio con Barbara De Fina en 1985, unión que terminou en divorcio.

Usualmente reside na cidade de Nova York.

Filmografía selecta

[editar | editar a fonte]
Ano Categoría Película Resultado
2013 Mellor Director The Wolf of Wall Street Candidato
2011 Mellor Director Hugo Candidato
2007 Mellor Director Infiltrados Gañador
2004 Mellor Director The Aviator Candidato
2002 Mellor Director Gangs of New York Candidato
1993 Mellor guión adaptado A idade da inocencia Candidato
1990 Mellor Director Un dos nosos Candidato
1990 Mellor guión adaptado Un dos nosos Candidato
1988 Mellor Director A última tentación de Cristo Candidato
1980 Mellor Director Touro salvaxe Candidato
Ano Categoría Película Resultado
2011 Mellor Director Hugo Gañador
2007 Mellor Director Infiltrados Gañador
2004 Mellor Director The Aviator Candidato
2002 Mellor Director Gangs of New York Gañador
1995 Mellor Director Casino Candidato
1993 Mellor Director A idade da inocencia Candidato
1990 Mellor Director Un dos nosos Candidato
1980 Mellor Director Touro salvaxe Candidato

Outras distincións

[editar | editar a fonte]

É doutor honoris causa pola Universidade Yale.[Cómpre referencia]

En 2018, recibiu o Premio Princesa de Asturias das Artes.

  1. A afiliación relixiosa do Director Martin Scorsese Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Páxina web creada o 27 de maio, 2005. Modificada por última vez o 5 de setembro, 2005.
  2. Yahoo! Movies

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]